Charlas sobre servizos financeiros e publicidade

O pasado venres 12 de xaneiro os alumnos de Economía de 4º de ESO e de 1º e 2º  Bacharelato participamos nas charlas sobre Servizos Financeiros e Publicidade impartidas por representantes da Escola Galega de Consumo (EGC).

Na charla sobre Servizos financeiros informáronnos sobre as contas bancarias, tarxetas de crédito e débito, préstamos, o fondo de garantía de depósitos e outros servizos e produtos financeiros e os riscos que poden supoñer os mesmos.

Despois na charla sobre Publicidade, faláronnos sobre os anuncios publicitarios que vemos día a día na vida cotiá, os tipos de anuncios que podemos presenciar e os dereitos que temos para denunciar calquera anuncio publicitario que non consideremos apropiado. Tamén nos comentaron os principios básicos que debe ter un anuncio para captar a atención do espectador dependendo do que se está tratando vender.

Ademais, facilitáronnos un teléfono de contacto para pedir información sobre calquera destes temas tratados.

A continuación podemos ver algunhas fotos das charlas:


Enlaces de interese:

Escola Galega de Consumo

Galicons-net


Comentarios

Entradas populares de este blog

Fondos De Inversión

Renda variable