Galicons Stop abusos bancarios


Os alumnos de Economía de 4º de ESO do IES Perdouro decidimos realizar o proxecto Galicons sobre servizos financeiros e abusos bancarios pola súa relación directa cos contidos da materia de En concreto o programa relacionase cos seguintes contidos:
Financiación empresarial, aforro, inversións, débedas, seguros, diñeiro, contas bancarias, servizos bancarios e tarxetas.

A parte da relación cos contidos decantámonos a realizar o proxecto pola gran inquietude dos alumnos en profundizar mais nos servizos financeiros actuais, as novas formas de pago online e as moedas virtuais coma bitecoin, litecoin, ...

Debido a que algúns alumnos indican que xa teñen tarxeta de crédito (con autorización dos seus pais), conta en paypal e están moi interesados nos servizos bancarios e formas de pago online detectamos unha gran necesidade de información sobre os servicios bancarios e formas de pago online.

Isto e fundamental para que teñan toda a información e evitar posibles abusos ou fraudes e cando usen ditos servizos poidan usalos con seguridade e responsabilidade así coma informar o resto da comunidade educativa dos perigos e abusos dos servizos inseguros..

No proxecto os alumnos investigara, detectaran e identificaran os distintos produtos e servizos bancarios inseguros ou abusivos. Farán un informe dos mesmo nun documento e unha presentación informativa para evitar ditos abusos en grupos e posteriormente xuntaran toda a información nun único documento.

Sitio web do programa Galicons:
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/6247

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Fondos De Inversión

Renda variable

Charlas sobre servizos financeiros e publicidade